Loading 3D models...
Loading 3D models...
by eloymarso in cultural-heritage-history
 ►LOCALIZACIÓN: Situado no Monte da Porteliña, parroquia de Santa María de Darbo (Cangas do Morrazo) Coordenadas GPS: 42°16'29.0"N 8°47'32.3"W ► DESCRICIÓN O petróglifo ubícase nun rechán cunha lixeira pendente cara o suroeste. Nunha gran laxe de granito, moi irregular, atopamos varios circos concéntricos e simples con coviña central, liñas, coviñas, muíños naviculares, podoformes de gran formato e outros motivos xeométricos de difícil lectura. A maioría dos circos concéntricos e simples aproveitan o relevo da propia rocha para dotar ás formas de certo volume, dando unha apariencia escultórica ao conxunto dos gravados.