Loading 3D models...
Loading 3D models...
by raivenra in architecture
Trátase dunha porta antiga dunha edificación tradicional feita en aparello de cachotería, aínda que os elementos da porta son de cantería de granito (xambas, mochetas e lintel). Correspóndese cun modelo de porta antiga, moi frecuente nas aldeas da comarca, o máis destacado desta é que sobre as mochetas ou ménsulas aséntase un lintel figurado moi enigmático. Os motivos representados, nunha data incerta, son do máis estraño. Na parte central aparece representada unha cruz grega (de brazos iguais), á dereita aparece a representación dun bóvido (vaca ou boi) e á esquerda aparece a representación dunha media lúa invertida, a esquematización de tres estrelas de oito puntas e unha estrela de cinco puntas (pentagrama ou pentáculo). Nas xambas, e nunha das mochetas, existen máis representacións de cruces. Neste caso latinas.