Loading 3D models...
Loading 3D models...
by eloymarso in cultural-heritage-history
 ►UBICACIÓN: Situado no lugar de Monte Peralta, Herbello, parroquia de Aldán (Cangas do Morrazo) Coordenadas GPS: 42°17'09.9"N 8°48'10.5"W ► DESCRICIÓN O petróglifo ubícase nun outeiro conformado por afloramentos de granito dentro dunha dorsal de acusada pendente cara o S. O gravado está nunha laxe inclinada, rodeada de eucaliptos e piñeiros. Os motivos ocupan case toda a rocha e están compostos de coviñas, círculos concéntricos con coviña central, trazos rectilíneos e ondulantes, e varios rebaixes na rocha que poderían corresponderse con muíños naviculares. Algún dos motivos, moi desgastados, podería falar da existencia dalgún cuadrúpede. Na contorna, existen outras rochas con coviñas e liñas moi similares a éste.