Loading 3D models...
Loading 3D models...
by eloymarso in cultural-heritage-history
 ►UBICACIÓN: Situado no lugar de Penedín, Reibón, parroquia de Meira (Moaña) Consulta a súa ubicación exacta [aquí](https://www.google.es/maps/place/42%C2%B017'48.8%22N+8%C2%B043'02.0%22W/@42.296891,-8.7177772,140m/data=!3m2!1e3!4b1!4m5!3m4!1s0x0:0x0!8m2!3d42.29689!4d-8.71723). ► DESCRICIÓN O petróglifo ubícase nun outeiro conformado por afloramentos de granito, tal e como indica a toponimia, dentro dunha dorsal de acusada pendente cara o W. O gravado está na parte alta do outeiro. Trátase dun batolito granítico de gran tamaño (case tres metros de longo) e o motivo está nun rebaixe ao NE do afloramento. No petróglifo está representada a figura dun posible cérvido de pequeno tamaño (uns 30 cm.) Os sucos teñen 2,5 cm de ancho. No petróglifo, moi desgastado, denótanse tamén a presencia de 5 picazos aillados ademáis de dous posibles círculos concéntricos xusto enriba do zoomorfo, na actualidade apenas visibles.